Inicio Galicia Carmen Pomar asiste á mesa redonda ?Universitarias, científicas e emprendedoras?

Carmen Pomar asiste á mesa redonda ?Universitarias, científicas e emprendedoras?

0

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu esta tarde á mesa redonda Universitarias, Científicas e Emprendoras, organizada polo Ateneo de Santiago co gallo do Día Internacional da Muller, e que xirou arredor da situación das mulleres na sociedade e do fomento da igualdade. Neste sentido, e dado o perfil das participantes, afondouse no papel das mulleres como científicas, emprendedoras e investigadoras.

Moderada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Mar Lorenzo Moledo, na mesa participaron a catedrática en Farmacoloxía Mabel Loza, a doutora en Química Carme Pampín Casal e Eva López Barrio, técnica de transferencia do coñecemento do Programa Woman Emprende da USC e coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre