Inicio Galicia Canadá achégase ao Camiño de Santiago e á oferta turística galega na...

Canadá achégase ao Camiño de Santiago e á oferta turística galega na Feira International Tourism&Travel Show

0

Trátase dun dos mercados turísticos internacionais con máis potencialidade de crecemento para a Comunidade galega


Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017.- A cidade de Montreal, en Canadá, acolle esta semana a feira International Tourism&Travel Show, no que a Consellería de Cultura e Turismo presenta a oferta turística da Comunidade galega.

Esta é a vixésimo novena edición deste certame profesional aberto tamén ao público xeral e que está considerado como un dos máis importantes do norte de América.

O Goberno galego vén participando desde hai varios anos cun recinto expositivo na contorna de Turespaña, coordinado pola Oficina de Turismo de España en Toronto.

Na actualidade, este mercado turístico é un dos máis interesantes para Galicia, pois o territorio español é un dos máis demandados polos canadenses. De feito, o Camiño de Santiago é un dos recursos máis demandados polos viaxeiros de Canadá que se achegan España, así como os produtos turísticos relacionados coa natureza e a cultura.“De aquí a Compostela”Cada vez son máis os operadores que organizan e comercializan rutas polos diferentes itinerarios xacobeos e ofrecen ademais aos seus clientes aloxamentos singulares ou turismo rural en Galicia. Neste sentido, en Quebec, existe o centro D`ici a Compostelle –De aquí a Compostela–, instalación comercial dedicada ao Camiño de Santiago que goza de gran popularidade nesta rexión.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Este interese que mostran os canadenses polo Camiño de Santiago está sendo aproveitado nesta feira para a captación de operadores, iniciativas privadas e público final cara á oferta turística galega. Canto á peregrinación a Santiago de Compostela, a ruta xacobea recibiu o no que vai de ano máis de 4.500 peregrinos canadenses, o que converte a este país no décimo segundo con máis presenza entre as nacionalidades estranxeiras.

A participación nesta feira enmárcase no obxectivo de internacionalización do destino, unha das liñas de traballo da Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que aposta tamén por consolidar un destino tranquilo e auténtico que sabe poñer en valor os seus mellores recursos culturais e naturais para gozar deles durante todo o ano. 


- Te recomendamos -