Inicio Galicia Billarda, bolos e chave, os xogos tradicionais chegan este sábado o Nadal...

Billarda, bolos e chave, os xogos tradicionais chegan este sábado o Nadal Solidario da Xunta para facer as delicias dos máis cativos

0

A Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP) e empresas asociadas fan doazóns para a residencia de Aspanaex en Vigo no marco deste espazo solidario


O Nadal Solidario da Xunta acollerá na tarde de mañá sábado, a partir das 17.00 horas, unha das actividades máis esperadas no marco da programación deste espazo. A BBC chega ao porto de Vigo para facer as delicias dos máis cativos e tamén dos adultos, que poderán gozar da man dos xogos máis populares e tradicionais de Galicia, recuperados e postos en valor nos últimos anos.

Así, no exterior do Tinglado disporanse tres zonas diferenciadas onde os nenos e nenas e os seus familiares terán a oportunidade de aprender a xogar á billarda, os bolos e á chave, a través de monitores expertos que lles explicarán as regras que rexen en cada caso. Unha boa maneira de despedir estas datas de Nadal que están a piques de chegar ao seu fin.

E moitas foron as persoas que nesta penúltima xornada do Nadal Solidario da Xunta de Galicia se achegaron ata o porto vigués para participar nos talleres infantís, ver o Nacemento da Catedral de Santiago e presenciar as actuacións da coral infantil da Fundación Mayeusis e á soprano cubana Dania Diva, que animaron o Tinglado ben entrada a tarde-noite.

Paixóns entre o público asistente levantou o pasacalle protagonizado pola Legión 501, un rexemento militar ficticio, pertencente ao universo de Star Wars e con presenza a nivel mundial que chegaba da man de Asociación de Axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog), unha das entidades sociais con presenza neste espazo solidario. Así, poucos foron os que deixaron pasar a oportunidade de fotografarse cos personaxes da popular saga e interactuar con eles.

Non menos intensa que a xornada vespertina foi a mañá na que, con motivo do día oncolóxico infantil que organiza este espazo solidario de Nadal da Xunta de Galicia, se recibiu a visita do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o xerente da EOXI, Julio García Comesaña, e do director da Fundación Mayeusis, Lucas Alonso, aos que a delegada territorial, Corina Porro, amosoulles as actividades que se están a desenvolver no Tinglado.

Neste marco, o xerente da EOXI e o director de Mayeusis firmaron un protocolo de colaboración, entre a área sanitaria e a Fundación, para “achegar a música aos pacientes e aos seus coidadores” (manda nota o gabinete de comunicación da EOXI de Vigo con máis datos).

Por outra banda, a Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP) e unha das súas empresas asociadas, Construtores Ramírez, fixeron pública unha doazón para a residencia que Aspanaex ten proxectada en Vigo e para que ten activada unha campaña de recadación de fondos baixo o lema: “Axúdanos a construír un sono”.

En canto ao peche desta primeira edición do Nadal Solidario da Xunta corresponderalles este sábado de novo ás bandas escolas. Nesta ocasión estarán sobre os escenario as bandas de Matamá, San Miguel de Oia, Valladares e Candeán, que prometen deixar o listón ben alto a partir das 19.00 horas da tarde. Xa ás 21.00 horas recollerá a testemuña o grupo Mariachi Noche de Ronda de Redondela.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre