Inicio Galicia Belén do Campo asiste á clausura do XXVII Congreso Periodipesca e recibe...

Belén do Campo asiste á clausura do XXVII Congreso Periodipesca e recibe unha distinción polo seu labor en defensa do medio natural

0

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou hoxe na clausura do XXVII Congreso de Periodipesca, un evento internacional de xornalismo especializado en caza, pesca, medio ambiente e turismo que desde o pasado xoves congregou en Santa Comba a expertos, pescadores e autoridades para participar nos diferentes actos, exposicións artísticas, visitas a puntos de interese turístico da comarca e campionatos de pesca organizados con motivo do congreso.

Durante o acto, Belén do Campo tamén recibiu un diploma e unha placa acreditativos da distinción que decidiu outorgarlle este ano o comité executivo encargado da organización de Periodipesca, en recoñecemento ao labor que realiza desde a Consellería de Medio Ambiente en defensa da caza, a pesca e o medio natural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre