Inicio Galicia Balseiro subliña que a Xunta aposta polas casas niño como fórmula 'para...

Balseiro subliña que a Xunta aposta polas casas niño como fórmula 'para atender á conciliación, abrir vías para emprendedores e fixar poboación no rural'

0

O delegado territorial de Lugo visitou o novo servizo instalado en Ourol, que dende o mes de abril atende a cinco nenos e nenas


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliño hoxe a aposta do Goberno galego pola fórmula das Casas Niño “para atender á conciliación da vida familiar e laboral, abrir vías para emprendedores e para a creación de postos de traballo e, en definitiva, contribuír a fixar poboación no rural”.

O delegado realizou estas declaracións durante a visita á Casa Niño de Ourol, aberta o pasado mes de abril grazas a unha achega da Consellería de Política Social, que da servizo a cinco nenos e nenas do entorno; funciona en horario de 10 a 18 horas. Balseiro destacou que o Goberno galego “financia integramente a posta en marcha e o mantemento do servizo, que é gratuíto para as familias”.

As Casas Niño son un recurso destinado a atención de nenos e nenas de entre tres meses e tres anos de idade nos concellos de menos de 5000 habitantes nos que non exista ningún outro servizo de atención continuada á infancia de 0 a 3 anos.

Leer más:  La Xunta afirma que ningún municipio solicitó la declaración de zona tensionada de alquiler

Balseiro lembrou que durante este mes está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de axudas para a posta en marcha de 15 novas Casas Niño no rural galego.

Terceira convocatoriaEsta convocatoria, a terceira que habilita a Administración autonómica para subvencionar estes recursos, está dotada de 1.205.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Coas dúas primeiras convocatorias puxéronse en marcha na provincia trece establecementos deste tipo para atender á poboación doutros tantos municipios.

A novidade que presenta a orde deste ano con respecto ás anteriores é que no suposto de que haxa unha demanda de prazas superior ás que se ofertan terán prioridade as solicitudes de mulleres vítimas de violencia de xénero empadroadas no concello no que se sitúe a Casa Niño ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención á infancia de ata tres anos de idade.

Cada Casa Niño atenderá un máximo de cinco nenos ou nenas á vez, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade, dado que se esixe unha formación ou experiencia profesional específica e impóñense requisitos e normas de seguridade nas instalacións. Estes fogares ofrecerán unha atención integral e personalizada na modalidade de atención diúrna de luns a venres e as familias poderán levar aos nenos e nenas un máximo de oito horas diarias, nun horario que se pactará co/a profesional. O servizo comprenderá a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa idade e a contribución ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social do neno ou nena.

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

Esta liña de axudas está dirixida a persoas físicas e a cooperativas de traballo asociado que estean en posesión ou conten cunha persoa socia co título de técnico/a superior en educación infantil, co grao en mestre/a de educación infantil ou primaria, grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social. Tamén poderán optar aquelas persoas que posúan o diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das Casas Niño impartidos pola Xunta de Galicia, así como aquelas que presenten formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.


- Te recomendamos -