Inicio Galicia Balseiro presenta á directiva e á Anpa do CEIP Luis Pimentel o...

Balseiro presenta á directiva e á Anpa do CEIP Luis Pimentel o proxecto de rehabilitación integral que acometerá a Xunta

0

O delegado territorial explicoulles aos representantes da comunidade educativa do centro as melloras programadas e as previsións de desenvolvemento dos traballos Realizarase unha reforma enerxética integral do colexio que abrangue o illamento da fachada, renovación de ventás e substitución de luminarias por outras de alta eficiencia enerxética 


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe no CEIP Luis Pimentel de Lugo unha xuntanza coa directora, Mª Teresa Trigo Quiroga, e con outros representantes do equipo directivo e da Anpa para darlles a coñecer o proxecto de rehabilitación enerxética integral que acometerá no centro a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No encontro tamén participou a xefa territorial da Consellería en Lugo, Mariña Gueimunde, entre outros.

As intervencións previstas levaranse a cabo no vindeiro ano 2019 e suporán un investimento de 500.000 €. As obras proxectadas no CEIP Luis Pimentel consisten no illamento da fachada exterior, a substitución das ventás por un sistema de dobre acristalamento con cámara de aire intermedia e o cambio das luminarias existentes por equipos LED, con regulación lumínica e detectores de presenza en zonas comúns. Os traballos incluirán actuacións no edificio de educación infantil e complementaranse con outros como o pintado de aulas ou posibles melloras funcionais, segundo o establecido nos correspondentes proxectos técnicos.

O delegado deulles a coñecer aos representantes da comunidade educativa as previsións de desenvolvemento das reformas. Deste xeito, explicou que está previsto licitar e contratar o proxecto técnico durante os próximos meses e adxudicar as obras en 2019, para que os traballos comecen no vindeiro verán.

Esta rehabilitación integral do CEIP Luis Pimentel enmárcase dentro do plan de mellora da eficiencia enerxética que se puxo en marcha en 2016 en toda Galicia e que no presente ano 2018 suporá un investimento de preto de 4,5 millóns de euros en obras de mellora enerxética en 9 centros educativos.

Segundo lembrou Balseiro, a consellería realizou intervencións destas características en oito centros da provincia, entre eles o CEIP Rosalía de Castro de Lugo. Na actualidade están en execución as obras no CEP Lois Tobío de Viveiro e no CEIP Veleiro-Docampo de Castro de Rei.

Como novidade para as intervencións que se desenvolven a partires de agora, ao abeiro do Plan de Rehabilitación Integral dos centros para 2018, a Consellería -en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)- convida a arquitectos novos a participar nestes proxectos, co que se busca fomentar a empregabilidade deste sector. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre