Inicio Galicia Balseiro participou na inauguración da xornada sobre administración dixital organizada polo Colexio...

Balseiro participou na inauguración da xornada sobre administración dixital organizada polo Colexio de Graduados Sociais

0


O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou esta mañá na inauguración da xornada sobre A nova administración dixital da Xunta de Galicia organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, que tivo lugar no salón de actos da Delegación da Xunta na cidade.

Na xornada interviron Javier Pardo Gómez, informático da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), quen informou sobre a sede electrónica da Xunta e o sistema de notificacións electrónicas; Rocío Rebolo Serén, xefa do servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego de Industria de Lugo, quen afondou sobre as novas formas de traballo no SMAC; Susana Casal Caldeiro, delegada en Lugo da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), que falou sobre o funcionamento da axencia; e Concepción Fernández Cabarcos, xefa de sección da Oficina de Rexistro e Información da Xunta en Lugo, quen abordou o sistema único de rexistro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre