Inicio Galicia Balseiro participa en Folgoso do Courel nunha mesa de traballo para deseñar...

Balseiro participa en Folgoso do Courel nunha mesa de traballo para deseñar o novo Plan estratéxico do turismo rural de Galicia

0

O delegado territorial de Lugo explicou que este xeodestino recibiu o ano pasado máis de 19.000 viaxeiros e medrou un 43% na súa demanda turística hoteleira

Cumprindo coa Estratexia do turismo de Galicia 2020 e tras a adxudicación da elaboración do Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia, a Xunta continúa estes días na provincia de Lugo o traballo de campo para avanzar no deseño deste novo documento. A intención é fixar as liñas, retos e oportunidades futuros dun segmento turístico en alza que acumula catro anos consecutivos de crecemento de demanda permitíndolle marcar en 2017 un máximo histórico con preto de 450.000 noites e 200.000 viaxeiros.

Despois de celebrar as primeiras sesións na provincia de Ourense, esta semana celebráronse na de Lugo nos xeodestinos de Lugo e Terra Cha, a Mariña Lucense e Ribeira Sacra. Hoxe é a quenda dos profesionais e entidades locais do xeodestino dos Ancares-Courel, cunha sesión de traballo en Folgoso do Courel á que asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Leer más:  El alcalde de Cercedo-Cotobade ciñe la participación municipal en la 'cena de mujeres' a la cesión del pabellón

Durante a xornada puidéronse obter datos cualitativos e cuantitativos sobre este xeodestino que o ano pasado recibiu máis de 19.000 viaxeiros e que medrou un 43% na súa demanda turística hoteleira. Da man dos axentes implicados coñecéronse cuestións como os servizos que ofrece, a mobilidade, a necesidade de dotación de infraestruturas, a situación de acceso a internet, a oferta enogastronómica e de actividades complementarias neste xeodestino, así como o peso dos establecementos rurais, entre outros temasBalseiro subliñou que “o plan estratéxico será a guía para avanzar na senda de crecemento, logo de que recentemente deramos un importante paso coa constitución do xeodestino para esta área”.

Enquisas e entrevistasÁs que se celebran estes días na provincia de Lugo e as que tiveron lugar na provincia de Ourense sumaranse máis mesas de traballo durante todo este mes de abril polo resto da xeografía galega. Na provincia da Coruña están programadas a partir do día 16 na cidade da Coruña, en Muxía e en Arzúa. Na provincia de Pontevedra os profesionais e entidades locais están convocados en A Estrada, na cidade de Pontevedra e en Mos.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

Xunto a estas sesións de traballo, nestas primeiras fases de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia realizaranse enquisas aos establecementos de turismo rural, así como entrevistas individuais e presenciais. Tamén se recompilará a opinión de expertos e especialistas do sector académico, persoal das denominacións de orixe de alimentos e consellos reguladores do viño, así como representantes de asociacións de turismo rural, turismo activo, gastronómicas, de enoturismo, Rutas do Viño e rutas BTT.


- Te recomendamos -