Inicio Galicia Balseiro lembra que o Igape facilita a constitución de pequenas empresas en...

Balseiro lembra que o Igape facilita a constitución de pequenas empresas en 48 horas e con redución de custos

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo explica que nos últimos meses creáronse en Lugo 20 sociedades mediante esta tramitación simplificada, dirixida a proxectos cun capital social a partir de 3.000 euros


A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén a disposición dos emprendedores o servizo para a constitución de pequenas empresas nun prazo non superior a 48 horas, con tarifas reducidas e evitando desprazamentos e xestións en distintos organismos públicos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que nos últimos meses creáronse 20 empresas na provincia de Lugo facendo uso do Punto de Asesoramento ao Emprendedor (PAE) que xestiona o Igape, apoiándose no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) do Estado.

Balseiro explicou que poden utilizar a tramitación simplificada as Sociedades de Responsabilidade Limitada (SRL) e Sociedades Limitadas Nova Empresa (SLNE) cun capital social a partir de 3.000 euros, que é o importe mínimo esixido para a constitución dunha sociedade limitada. Este servizo tamén está dirixido a autónomos e comunidades de bens.

O procedemento é telemático, e o emprendedor só ten que acudir presencialmente ao PAE e ao notario, evitando así desprazarse para realizar os trámites restantes, sen necesidade de utilizar formularios en papel e pagando tarifas reducidas. O Igape pon en marcha a tramitación e envía a comunicación da alta censual e a documentación a Facenda, Seguridade Social, Notaría e Rexistro Mercantil.

Balseiro invitou “a todas as persoas que teñen unha idea de negocio a achegarse á oficina do Igape, no Edificio Administrativo da Xunta, porque atoparán asesoramento sobre a posta en marcha e sobre programas de axudas sexa cal sexa a fórmula elixida para a constitución formal da empresa”, e con maior motivo “as empresas que entren neste suposto de tramitación simplificada porque aforran custos e tempo”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre