Inicio Galicia Balseiro entrega os diplomas ás 20 persoas que se formaron no obradoiro...

Balseiro entrega os diplomas ás 20 persoas que se formaron no obradoiro dual de emprego compartido por Baralla, Becerreá e As Nogais

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a Xunta investiu 293.000 euros nesta acción formativa sobre especialidades relacionadas coa construción


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego Neira de Jusá IV, promovido polo Concello de Baralla xunto cos de Becerreá e As Nogais.

O delegado, xunto cos alcaldes dos citados municipios, fixo entrega dos diplomas aos 20 alumnos traballadores que participaron nesta acción formativa, financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cunha achega de 293.000 euros. Durante nove meses, recibiron formación teórica e práctica -cun contrato de traballo- nas materias de Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción (13 alumnos) e Operacións auxiliares de albanelería, fábricas e cubertas (7 alumnos). Ao tratarse dun obradoiro dual, a Xunta incentiva tamén a contratación durante tres meses máis de alumnos traballadores en empresas locais. Balseiro salientou que os obradoiros son unha das ferramentas máis demandadas dentro das políticas de emprego da Xunta, xa que por un lado favorecen a adquisición de experiencia laboral a través dun contrato de traballo e por outro desenvolven obras ou servizos de interese xeral e social para os concellos.

Neste caso, no concello de Baralla procederon ao acondicionamento de marxes do río Neira, coa execución dun muro de peche á altura da área recreativa de Baralla, e á rehabilitación do lavadoiro de Ferreiros, instalando unha nova estrutura de madeira e lousa na cuberta, recubrindo as paredes e construíndo beirarrúas.

Nas Nogais acondicionaron muros de peche en cachotería no barrio de Alence, e en Becerreá melloraron a entrada á nave do mercado gandeiro, acondicionaron a última planta do edificio da Cámara Agraria e rehabilitaron a escola de Cruzul, que se atopaba en estado de abandono.

Nos últimos meses desenvolvéronse na provincia 20 obradoiros de emprego, que involucraron a 50 concellos, supuxeron un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e sumaron 472 contratacións. Xa está en marcha unha nova convocatoria deste programa polo que proximamente poranse en marcha novos proxectos nos municipios lucenses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre