Inicio Galicia Balseiro destaca a colaboración entre a Xunta e a iniciativa privada para...

Balseiro destaca a colaboración entre a Xunta e a iniciativa privada para impulsar a dinamización turística da Ribeira Sacra

0

O delegado territorial de Lugo visitou a nova terraza-miradoiro de Adegas Moure, apoiada con 49.000 euros pola Consellería do Medio Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural da zona


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe a importancia de contar con canles fluídas de colaboración entre a Administración autonómica e a iniciativa privada para impulsar a dinamización turística da Ribeira Sacra.

O delegado realizou estas declaracións durante unha visita á nova terraza-miradoiro construída por Adegas Moure nas súas instalacións, no Saviñao, proxecto que apoiou a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), cunha achega de 49.000 euros.

Balseiro gabou o papel que neste sentido desempeñan os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), respaldando actuacións públicas e abrindo vías ao sector privado para consolidar, ampliar ou diversificar proxectos de negocio que xeran emprego e riqueza na provincia.

Este é o caso do miradoiro, que vén a complementar a oferta da adega e enriquece a experiencia dos visitantes que van a coñecer as súas instalacións e a paisaxe da Ribeira Sacra en xeral.

Trátase dun espazo multifuncional pensado para acoller actividades culturais, catas ou concertos; de feito, foi un dos escenarios do festival de música 17º Ribeira Sacra, que tamén contou co apoio da Xunta a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).“Espazos como este outorgan un valor engadido ao percorrido polos monumentos da zona, patrimoniais e naturais, sumando sensacións que se traducen nunha boa percepción da viaxe”, concluíu o delegado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre