Inicio Galicia Balseiro clausura o curso sobre incendios urbanos e forestais que imparte a...

Balseiro clausura o curso sobre incendios urbanos e forestais que imparte a Xunta á nova agrupación de Protección Civil da Ribeira de Piquín

0

O Goberno galego organiza entre abril e xuño tres actividades formativas no municipio para que o persoal voluntario reciba os coñecementos básicos para intervir nas emerxencias


Ribeira de Piquín (Lugo), 7 de maio de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausura hoxe o curso básico sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais dirixido ao persoal da nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Ribeira de Piquín.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, organizou a través da Academia Galega de Seguridade Pública tres cursos básicos nese municipio entre os meses de abril e maio para que os voluntarios da agrupación, creada hai uns meses, adquiran os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para desenvolver o seu labor.

O curso sobre incendios comezou o pasado día 2 e conta coa asistencia de 23 persoas, voluntarios do municipio e tamén das agrupacións de Pol e Riotorto. En abril impartiuse un primeiro curso xenérico sobre emerxencias, e entre os días 3 e 7 de xuño o concello acollerá outro sobre accidentes na estrada.

A Xunta tamén organizou cursos en Mondoñedo, O Saviñao e Chantada neste primeiro semestre do ano, ofrecendo en total 140 prazas, e proximamente publicará a programación para o segundo semestre.

Balseiro lembrou que as agrupacións de Ribeira de Piquín e O Saviñao son as de máis recente incorporación ao Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia nesta provincia -integráronse o ano pasado-. Actualmente, en Lugo forman parte da rede 43 colectivos que suman máis de 2.200 voluntarios e voluntarias.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre