Inicio Galicia Avanzan a bo ritmo os traballos de rexeneración dos montes da contorna...

Avanzan a bo ritmo os traballos de rexeneración dos montes da contorna de Ponteareas afectados polos lumes de 2017

0

Voluntarios mobilizados polo Banco Santander fixeron hoxe, en coordinación cos comuneiros de Padróns e coa Consellería do Medio Rural, labores complementarios de apoio na área plantada con ata 105.000 bidueiros

Uns 180 empregados do Banco Santander, en coordinación con persoal da Consellería do Medio Rural e cos comuneiros, realizaron hoxe unha actividade de xestión forestal nos terreos da comunidade de montes veciñais en man común de Padróns (Ponteareas). Nestes montes a entidade bancaria está a colaborar coa Xunta de Galicia para a rexeneración ambiental, paisaxística e preventiva en zonas de valgadas afectadas polos lumes de 2017 neste municipio pontevedrés e noutros da contorna.

Os traballos levados a cabo hoxe por este grupo de voluntarios serviron como complemento e apoio dentro da área plantada con bidueiros. Nesta iniciativa está prevista a plantación de ata 105.000 destas árbores frondosas, para crear descontinuidades e mellorar así a resiliencia do monte diante dos incendios.

Así, o acordo entre a Consellería do Medio Rural e o Banco Santander ten por obxecto financiar os labores de rexeneración, que marchan a bo ritmo, e que consisten no cambio de uso de dúas parcelas de 135 e preto de 11 hectáreas, respectivamente, para a súa transformación en pasteiros, así como en tratamentos para a vexetación en 72 hectáreas. Tamén se están creando descontinuidades en valgadas, coa plantación dos devanditos bidueiros.

No que atinxe aos pasteiros, os traballos consisten no corte e na eliminación dos pés queimados e na construción de peches perimetrais. Tamén está previsto habilitar diversos pasos canadianos para evitar a saída do gando, facilitando ao mesmo tempo o acceso de cazadores ou outros usuarios.

Os tratamentos para a vexetación refírense, fundamentalmente, á eliminación dos pés queimados, tanto de piñeiro como de eucalipto. A creación de descontinuidades estase a facer mediante a plantación de diferentes especies, tales como os referidos bidueiros e outros tipos de frondosas (pradairo ou carballo), cos que ademais de crear devasas tamén se habilitará unha área de entretemento e goce para os veciños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre