Inicio Galicia 'Asubíos' chega a Forcarei da man do programa 'Falaredes'

'Asubíos' chega a Forcarei da man do programa 'Falaredes'

0

A peza teatral, inspirada no universo literario de Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelin” recollido polos irmáns Grimm, xira arredor da necesidade de que a sociedade se implique no coidado do medio natural

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa esta fin de semana a nova actividade ‘Asubíos’, no marco do programa FalaRedes, no concello pontevedrés de Forcarei. Da man da coñecida compañía do Elefante Elegante chega esta proposta dirixida a todos os públicos desde os tres anos a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta. A cita é o domingo 14, ás 18:00 horas, no Centro Social de Forcarei. Coma sempre no programa de dinamización lingüística, a entrada é libre e de balde, ata completar a capacidade da sala.‘Asubíos’ é a quinta actividade do FalaRedes 2018, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto O frautista de Hamelín recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Próximas parada: VerínNeste mes de outubro, a seguinte cita co novo espectáculo do Elefante Elegante será Verín, o vindeiro domingo 28 de outubro, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas. Ao longo do mes de novembro e ata o 9 de decembro, o FalaRedes levará tamén ‘Asubíos’ ata as localidades de Carballedo, Alfoz, Outeiro de Rei, Guitiriz, Oleiros, Santiago de Compostela, Negreira, Monterroso, Silleda, Cea, Barbadás, Vilamarín, Salvaterra e Castrelo de Miño.

Desde o mes de abril e ata finais de ano, as actividades do FalaRedes están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.  

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -