Inicio Galicia Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de...

Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

0
image_gallery.jpg

Poderán beneficiarse destas axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten, así como os propios concellos para actuacións de urbanización e reurbanización das ARI


Con data de hoxe asináronse os convenios polo que se reparten os fondos correspondentes a áreas de rehabilitación integral entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto.

A partir deste momento, serán os concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

Este ano repártense preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación emprazadas en 17 concellos. O reparto realizouse en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.  CONCELLO

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre