Inicio Galicia Asinado o contrato de colaboración co concello de Vilanova para a mellora...

Asinado o contrato de colaboración co concello de Vilanova para a mellora da accesibilidade no edificio multiúsos por un importe de 40.000 euros

0

O secretario xeral sinalou a importancia dun “deporte de todos e para todos” polo que estas obras de accesibilidade marcan unha “clara aposta pola igualdade no deporte, tanto no que atinxe aos practicantes como aos espectadores” 


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou o convenio de colaboración co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, para realizar obras de mellora da accesibilidade e a instalación dun ascensor no edificio multiúsos.

Segundo o acordo asinado hoxe, a cantidade total da obra ascende a 38.962 euros. A Secretaría Xeral para o Deporte, achegará a 20.000 euros na presente anualidade, mentres que o Concello de Vilanova achegará a cantidade restante no mesmo exercicio. O período de vixencia do convenio estenderase ata o 31 de decembro de 2019.

O secretario xeral sinalou a importancia dun “deporte de todos e para todos” polo que estas obras de accesibilidade marcan unha “clara aposta pola igualdade no deporte, tanto no que atinxe aos practicantes como aos espectadores”.

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, na provincia de Pontevedra realizaranse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre