Inicio Galicia As urxencias do CHUS refórzanse ante a covid cunha nova sala de...

As urxencias do CHUS refórzanse ante a covid cunha nova sala de observación con 40 camas máis

0
image_gallery.jpg

A obra realizouse nun tempo récord, xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos doentes covid e doutras patoloxías


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a nova sala de observación do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que incrementa en 40 camas a súa capacidade de atención.

A obra realizouse nun tempo récord, xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos doentes covid e aos doutras patoloxías.

O importe final da actuación foi de 1.657.362 euros e afectou a unha superficie de case 800 m2, que ademais dos 40 postos de atención aos doentes, acollen un control de enfermería, unha zona de preparación de medicación, farmacia, almacéns e baños; así como unha área de apoio cunha sala de traballo para profesionais sanitarios, vestiarios e áreas de limpo e sucio. O crecemento da superficie desenvolveuse cara a unha zona de terraza exterior.

Cómpre salientar que o servizo de urxencias do CHUS atendeu o pasado ano 155.610 urxencias, tanto pediátricas como de adultos, que contan cun espazo totalmente diferenciado.

No percorrido tamén estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, o coordinador de urxencias, Plácido Mayán, e a supervisora de urxencias, Rosa Blanco.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre