Inicio Galicia As San Lucas de Mondoñedo contarán este ano cun Festival Intercéltico enmarcado...

As San Lucas de Mondoñedo contarán este ano cun Festival Intercéltico enmarcado no programa ?O teu Xacobeo?

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e a alcaldesa de Mondoñedo presentaron no Museo das Peregrinacións, o evento que terá lugar o vindeiro 19 de outubro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentaron hoxe en Santiago o cartel e programación da Feira de As San Lucas de Mondoñedo, unha cita que celebra entre os días 17 e 20 de outubro a súa 863ª edición.

Como novidade, este ano a programación de As San Lucas contará cun Festival Intercéltico que terá lugar o vindeiro 19 de outubro e que converterá á cidade de Mondoñedo nun punto de encontro para as chamadas nacións celtas. Esta nova incorporación inclúese en O teu Xacobeo, a convocatoria da Xunta para proxectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos para implicar a toda a sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo.

Este novo festival permite que O teu Xacobeo se aproxime agora As San Lucas, unha das citas máis salientables das nosas tradicións, unha feira de gando cabalar centenaria que situou por séculos a Mondoñedo no centro da Cornixa Cantábrica. Así, a realización deste festival facilitará un gran intercambio cultural no Camiño, acadando un dos seus obxetivos principais, que é a diversidade das persoas que o transitan. O evento celebrarase na Praza da Catedral de Mondoñedo, o monumento mindoniense, declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 2015, que é, ademais, a única Catedral do Camiño Norte de Santiago en Galicia ata Compostela.

Videomapping para conmemorar o 800 aniversario da Catedral O festival será gratuíto e o seu cartel estará composto por músicos galegos e de fóra. Arrancará co grupo de gaiteiros da comarca, que tocarán desde as torres da catedral, ao que lle seguirá a actuación do gaiteiro asturiano Brais Rodrigo. Logo será a quenda do espectáculo de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, o grupo irlandés Lunasa e pechará o cartel o grupo francés de música celta e bretoa Gwendal. Tamén se proxectará un videomapping na fachada da catedral con motivo da conmemoración do 800 aniversario da súa construción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre