Inicio Galicia As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel é unha das...

As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel é unha das primeiras actuacións que se beneficiará do plan de reactivación deseñado pola Consellería de Medio Ambiente

0

O plan ten por obxectivo minimizar o impacto da crise xerada pola covid-19 e prevé medidas para impulsar a economía desde a vivenda, o territorio e a xestión medio ambiental

As obras de rehabilitación do denominado Hospital de San Miguel, emprazado no barrio lucense da Tinería, xunto á Porta Miñá da muralla romana, será unha das primeiras actuacións que se beneficiará do Plan de reactivación deseñado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais que deixou a pandemia da covid-19.

Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que visitou a contorna na que se localiza este edificio que a Xunta recuperará grazas a un investimento de máis de 600.000 euros.

Tal e como explicou Ánxeles Vázquez este plan, que estará vixente todo o ano 2020, descansa sobre catro eixos, como son a simplificación administrativa e redución de prazos, a axilización dos pagos, as medidas postas en marcha ata o momento para paliar o impacto da pandemia, así como novas medidas que se implantarán para reactivar a economía durante o período de transición de cara a nova normalidade.

Na cuarta liña estratéxica implantaranse 9 novas iniciativas de diferentes eidos, que suporán un investimento de case 14,6 millóns de euros, entre as que destacan o impulso do alugueiro de locais para o emprendemento empresarial e comercial; a creación dunha nova liña de axudas de rehabilitación enerxética de edificios residenciais -que se suma aos máis de 24 millóns de euros previstos noutros programas-; a implantación dun sistema de información urbanística e territorial, a través da creación dunha Plataforma Urbanística Dixital de Galicia, desde a que se realizarán electronicamente todos os trámites do planeamento urbanístico; ou o desenvolvemento dun protocolo fronte á covid-19 para os centros de recollida de animais abandonados.

Estas medidas súmanse ás xa postas en marcha ao longo de 2020, polo que se definen 30 accións que mobilizan un orzamento de 18,4 millóns de euros e que queren dar resposta ás demandas que se detecten na Comunidade derivadas da pandemia da covid19.

Nese sentido, sinalou que a Xunta estivo moi atenta ás necesidades do conxunto da comunidade galega, polo que activou medidas para paliar as consecuencias que deixou o coronavirus, como a axilización dos pagos (o IGVS e Xestur realizaron nestes meses do estado de alarma pagamentos por importe de 12 millóns de euros e o dan resposta ás demandas, Sogama reduciu o prazo do pago de facturas a provedores de 30 días a un máximo de 10…); ou o aprazamento dos recibos de alugueiro das vivendas de promoción pública e locais propiedade do IGVS e Xestur ou o pago do 100% do alugueiro a beneficiarios dos bonos de alugueiro social e para vítimas de violencia de xénero, co fin de axudar ás familias nun momento de gran debilidade social.

Hospital de San MiguelA conselleira de Medio Ambiente recordou durante a visita que o contrato de licitación para a recuperación do Hospital de San Miguel, está aberta ao 23 de xuño, polo que aínda se poden presentar ofertas, cuxo prazo de execución é de 8 meses.

Este inmoble destinarase a usos relacionados coa potenciación dos recursos turísticos e enogastronómicos da provincia de Lugo, é dicir, dotalo dun uso público e administrativo, permitindo ademais o acceso á muralla a través dun itinerario accesible mediante a instalación dun ascensor interior que comunica a cota da cidade coa do adarve da muralla.

Trátase dun inmoble formado por dúas edificacións independentes e inconexas: a Casa- Torre, de planta cadrada e de orixe medieval, e outra edificación con forma de L, que se une á primeira polo noroeste. En todo caso, a intervención prevé a recuperación dos volumes orixinarios, respectando os muros e a configuración de ocos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre