Inicio Galicia As obras de reforma do cruce dos Concheiros, en Santiago, obrigan a...

As obras de reforma do cruce dos Concheiros, en Santiago, obrigan a unha reorganización do tráfico que comezará a aplicarse o vindeiro sábado

0

A Xunta e o Concello de Santiago deseñaron un plan de circulación para compatibilizar do mellor xeito posible o tráfico rodado coa execución dos traballos

As obras de reforma do cruce dos Concheiros, en Santiago, obrigan a unha reorganización do tráfico que comezará a aplicarse o vindeiro sábado.

A Xunta e o Concello de Santiago deseñaron un plan de circulación provisional que ten por obxectivo compatibilizar do mellor xeito posible o tráfico rodado coa execución dos traballos.

Os cambios programados entrarán en funcionamento o próximo sábado, día 29 de febreiro, ás 9 da mañá, e as obras sobre a calzada darán comezo o luns, 2 de marzo.

No marco desta reorganización, na avenida de Lugo quedarán habilitados dous carrís en sentido ascendente e dous en descendente, empregándose para iso as vías de servizo. Habilitaranse dúas glorietas provisionais, unha xunto ao centro de saúde de Fontiñas e outra á altura da estación de autobuses en Rodríguez de Viguri.

A rúa Londres será de sentido único descendente e a rúa Berlín, de sentido único ascendente. Tamén se disporán recomendacións na SC-20 (o ‘Periférico’) para que os vehículos que se dirixen ao centro comercial As Cancelas ou á Xunta se desvíen pola rúa Roma.

Mellora das entradas dos CamiñosEstas actuacións están enmarcadas no proxecto que está a impulsar o Goberno galego para mellorar e integrar as entradas dos Camiños de Santiago na cidade de Compostela, favorecendo a recuperación de espazos públicos para o seu uso e desfrute polos veciños de Santiago.

Os traballos previstos consisten na reforma do nó de Concheiros coa fin de incrementar a seguridade viaria na contorna, especialmente para os peóns, ordenar o tráfico e aumentar o espazo público dispoñible.

As obras transformarán o actual nó nunha gran praza de 6.000 metros cadrados, onde se compatibilizará o tránsito ordenado e prioritario dos peregrinos cun tráfico rodado fluído e seguro, facilitando, ademais, a conexión de Concheiros co das Fontiñas.

No proxecto inclúese a execución de dúas novas glorietas que favorecerán o acceso ao barrio de Fontiñas e mellorarán os tráficos urbanos, facéndoo así o tráfico máis fluído.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre