Inicio Galicia As obras de mellora do firme no acceso aos aparcadoiros do Hospital...

As obras de mellora do firme no acceso aos aparcadoiros do Hospital Materno Infantil da Coruña farán necesario o corte da rúa Xubias de Abaixo na subida do hospital a partir de mañá

0

Este treito de rúa manterase pechado nos vindeiros 12 días por mor dos traballos

As obras de mellora do firme no acceso aos aparcadoiros do Hospital Materno Infantil da Coruña farán necesario un corte na rúa Xubias de Abaixo a partir de mañá. O corte levarase a cabo no treito desta rúa que coincide coa subida ao hospital, que se manterá pechado nos vindeiros 12 días.

Os traballos consisten na demolición do pavimento actual e na execución dun novo en formigón, que precisa tempo de fraguado e polo tanto, un peche da circulación. O inicio do tramo no que se levará a cabo a intervención coincide co aparcadoiro que hai na zona de abaixo do hospital.

Estas restricións de tráfico foron comunicadas ao Concello da Coruña e para facilitar a mobilidade na área disporase a sinalización necesaria.

A Xunta puxo en servizo nesta contorna 23 prazas de aparcadoiro, 1 delas para persoas con mobilidade reducida, á disposición do persoal e dos usuarios do hospital. A adecuación de espazos de forma ordenada permitirá acadar 53 prazas.

Ademais a intervención completarase coa renovación da sinalización, como se fixo xa o ano pasado no hospital central.

As actuacións, cun investimento de 195.000 euros, forman parte dun contrato maior que recolle a mellora nos accesos noutros hospitais públicos da provincia, como os de Santiago, Ferrol, Cee e o Barbanza, cun orzamento global de 1 millón de euros.

O proxecto ten como obxectivo favorecer a mobilidade no contorno deste centro hospitalario, ofrecendo unha mobilidade máis cómoda e segura, tanto para os pacientes, como para o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións hospitalarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre