Inicio Galicia As obras de mellora de seguridade da estrada PO-549, en Cambados, farán...

As obras de mellora de seguridade da estrada PO-549, en Cambados, farán necesario o corte dun carril a partir de mañá

0

Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo

As obras de mellora de seguridade na estrada PO-549, ao seu paso por Cambados, farán necesario un corte de carril a partir de mañá.

Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo.

Para facilitar a circulación, darase tráfico en ambos sentidos por un mesmo carril, con paso alternativo regulado por semáforos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar a supresión dun tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica.

Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.

Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre