Inicio Galicia As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo intensifican...

As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo intensifican os traballos fronte ao monasteiro de Santa María para crear a pequena ?Praza do Obradoiro?

0
image_gallery.jpg

As tarefas no Campo de Conxo céntranse na colocación da pedra na parte máis próxima ao mosteiro para avanzar, a continuación, na urbanización da praza


As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago no núcleo de Conxo de Abaixo están a intensificar os traballos fronte ao mosteiro de Santa María para crear unha pequena “praza do Obradoiro”.

Os progresos nesta intervención de integración e mellora do Camiño Portugués á súa chegada a Compostela, ao seu paso polo barrio de Conxo, na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 2 millóns de euros, permiten avanzar nos traballos na contorna do Campo de Conxo, para a posta en valor da fachada do mosteiro e poder dispor desa praza emblemática. As tarefas nesta zona, unha vez rematada a execución da base, están a centrarse na colocación da pedra na parte máis próxima ao mosteiro. A pedra estase a colocar cun despece moi estudado para conseguir realzar o valor patrimonial da contorna.

Nas vindeira semanas prevese continuar pola urbanización da praza, deixando para o final da obra a demolición e reurbanización da zona que ocupa actualmente a beirarrúa de circulación de vehículos.

En canto o desenvolvemento das distintas actuacións neste barrio compostelán, nestes momentos están practicamente terminadas as obras de renovación de pavimentos na Travesía de Torrente e as rúas adxacentes ao camiño de Conxo de Abaixo, incluíndo a rúa Fervenza.

Tamén está próximo o remate das beirarrúas da rúa Benéfica. Os traballos están a centrarse agora na pequena praza que se está a executar na intersección entre esta rúa e Roláns, coa colocación do pavimento de lastra e pedra. Tamén queda pendente na rúa Benéfica algún remate, para o que se precisa da retirada de postes das liñas de comunicacións, para proceder, por último, ao estendido de aglomerado en toda a rúa.

Novo aparcadoiro e rúa Ramón BaltarAdemais, seguen a avanzar os traballos complementarios do novo aparcadoiro ao carón do centro de saúde de Conxo, iniciadas o pasado mes de maio.

Esta actuación complementaria ás obras de mellora e integración paisaxística, cun investimento autonómico de máis de 410.000 euros, permitirá a substitución das prazas que os veciños da zona perden coas actuacións na praza do Campo de Conxo.

Os traballos de explanado están xa realizados e, neste intre, estase coas últimas probas de pavimentos para comezar en breve a súa urbanización.

Ao tempo, continúase coa execución das obras de rectificación de trazado da rúa Ramón Baltar para a mellora de accesibilidade peonil ao novo aparcadoiro ao carón do centro de saúde de Conxo. A intervención iniciada a pasada semana, cun orzamento de preto de 50.000 euros, prevé o seu remate ao longo deste mes.

Continuidade Camiño Portugués Conxo: Escurridía e Ponte VellaAs actuacións de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago no barrio de Conxo terán continuidade no treito entre a rúa Escurridía e Ponte Vella, cun investimento da Xunta de case 240.000 euros. O contrato está firmado e a execución das obras comezara nas próximas semanas.

Trátase de reordenar o cruce da rúa da Escurridía coa rúa da Ponte da Rocha e a rúa Volta do Castro mellorando o tránsito e a seguridade dos peregrinos e peóns.

As principais actuacións previstas inclúen a separación clara de espazos exclusivos para peóns do resto do tráfico rodado, a reordenación do cruce da rúa da Volta do Castro con espazos de uso mixto e a ordenación renovada e humanización das seccións viarias existentes. Tamén inclúe a definición de elementos como pavimentación ou mobiliario.

A Xunta segue avanzando, cada vez a un ritmo máis intenso, na integración paisaxística dos Camiños á súa entrada en Santiago, con 10 millóns de euros de investimento autonómico, para preparar Compostela para o Xacobeo 2021 e tamén para facer cidade, pensando nos veciños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre