Inicio Galicia As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo de...

As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo de Abaixo iniciarán este luns os traballos de pavimentación definitiva da rúa Fervenza

0

Para minimizar o efecto na circulación habilítase un desvío provisional polo interior das instalacións do hospital Psiquiátrico

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2020.- As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago no núcleo de Conxo de Abaixo iniciarán este luns os traballos de pavimentación definitiva da rúa Fervenza. Esta actuación fará necesario o corte da vía urbana a partir do mesmo 3 de agosto.

Para evitar o impacto destes traballos na circulación do tráfico durante o tempo de execución das obras habilitarase un desvío provisional polo interior das instalacións do hospital Psiquiátrico de Conxo, con extremos na entrada ao centro de saúde, na rúa Ramón Baltar, e no campo de fútbol. A Xunta segue progresando nas obras de mellora e integración paisaxística da chegada a Compostela do Camiño Portugués, no barrio de Conxo, cunhas obras que supoñen un investimento de 2 millóns de euros. Entre as actuacións previstas destaca a reforma da Praza fronte ao mosteiro de Santa María, como zona emblemática de acollida e desfrute de peregrinos e veciños, que permitirá crear unha pequena Praza do Obradoiro. Este espazo estenderase ata o centro social, a escola infantil e o centro de saúde, e manterá o cruceiro no seu lugar actual. Ao tempo, tamén avanzan os traballos complementarios do novo aparcadoiro ao carón do centro de saúde de Conxo, iniciados este mes de maio. O obxectivo é substituír as prazas que os veciños da zona perden coas obras da praza do Campo de Conxo, e foron adxudicados por preto de 335.000 euros.

A Xunta segue avanzando, cada vez a un ritmo máis intenso, na integración paisaxística dos Camiños á súa entrada en Santiago, con 10 millóns de euros de investimento autonómico, para preparar Compostela para o Xacobeo 2021 e para facer cidade, pensando nos veciños. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre