Inicio Galicia As obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea...

As obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea en Coirós comezarán este mesmo mes

0

A actuación foi adxudicada por un importe de case 70.000 euros e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e polo concello

A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda vén de ratificar a firma do contrato polo que se adxudica a obra de humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Armea, no concello coruñés de Coirós; polo que os traballos poderán comezar este mesmo mes, despois de que a empresa adxudicataria asinara a acta de replanteo.

A actuación, que foi adxudicada por un importe de case 70.000 euros e está confinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello, está enmarcada no chamado Plan hUrbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Con esta obra preténdese poñer en valor o lugar de Armea, un núcleo rural histórico-tradicional e común que se caracteriza pola súa singularidade, co fin de potenciar estes lugares, entendidos como auténticos elementos singulares que merecen ser conservados e mantidos ao longo do tempo.

Concretamente, as obras previstas no proxecto prevén a humanización e mellora urbana dos viarios e espazos públicos desta zona, incluíndo unha completa intervención en materia de seguridade viaria para aumentar as zonas destinadas aos viandantes, a accesibilidade para peóns e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Tamén se acometerán melloras que redunden nun mellor uso destes espazos públicos por parte dos veciños.

Grazas a estes traballos búscase mellorar e humanizar a contorna histórica e tradicional do núcleo de Armea, e tamén reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade de todo o conxunto.

Actuacións do Plan hUrbe Cómpre lembrar que con este tipo de intervencións dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable en toda a comunidade e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas.

No marco do Plan hUrbe, durante o período 2010-2018 executáronse un total de 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se interveu en case o 40% dos municipios galegos. Dende o ano 2010 e ata a data, téñense executado ou están comprometidas 317 actuacións urbanísticas en concellos galegos, actuacións coas que se mobilizan case 150 millóns de euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre