Inicio Galicia As obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón no Concello...

As obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón no Concello de Boborás comezarán este outono

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar e asinar o contrato desta actuacións que ademais de mellorar o aspecto, tamén implicará a renovación da rede de alumeado, electricidade ou telecomunicacións

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciará este outono as obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón, no Concello de Boborás.

A Consellería de Medio Ambiente vén de adxudicar as obras, por un importe de case 240.000 euros, e de asinar o contrato de obra, que permite o inicio da actuación, que consistirá na recuperación dunha parte do espazo do núcleo tradicional de Boborás, identificado como rúa Cristóbal Colón.

Os traballos consistirán no levantado do firme de rego asfáltico, sumidoiros e arquetas do tramo, abriranse gabias para canalización de redes de alumeado público, electricidade, telecomunicacións e rede de pluviais e tamén se procederá á renovación da canalización de recollida de augas pluviais, ao soterramento das liñas de electricidade e de telefonía e concluirán coa instalación dun novo pavimento. O prazo de execución das mesmas é de oito meses.

Esta actuación desenvólvese no marco do Plan hUrbe, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia a prol do desenvolvemento das vilas e dos núcleos de poboación con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social, e para ofrecer unha oferta de calidade e adecuada ás necesidades da poboación co fin de incrementar o atractivo das áreas rurais. En definitiva, trátase de dar cumprimento a tres obxectivos, como estreitar lazos e colaboracións entre as administracións, fomentar a humanización das vilas de Galicia e promover o reequilibrio territorial na comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre