Inicio Galicia As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro...

As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida mellorada da Xunta

0

Increméntase un 25% a contía da axuda para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes


As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida coas diferentes melloras que a Xunta de Galicia introduciu para seguir apoiando a crianza e coidado dun bebé. Así, as pequenas e pequenos nados desde o primeiro día deste 2020 verán nesta axuda importantes novidades como o aumento da contía as familias numerosas ou das que viven no rural.

En canto as melloras que xa están implantadas, increméntase un 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, para apoiar aos fogares con fillos no rural. En segundo lugar, duplícase a cantidade que perciben as familias polo seu terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que recibirán 2400 euros anuais. Esta cantidade elevarase ata os 3000 euros en caso de que vivan nun concello rural. Tamén se amplía o prazo de presentación de solicitudes para os galegos no exterior que retornen a Galicia, os cales contarán con tres meses desde o seu regreso para pedir a Tarxeta Benvida, un mes máis ca ata agora.

A cuarta mellora é que a partir do ano que vén a Tarxeta Benvida poderá cobrarse ata que a nena ou neno teña catro anos para as familias en situación de especial vulnerabilidade e que solicitasen unha prestación pública de protección social e esta estea en fase de tramitación. Trátase de que non queden desprotexidas mentres non estean a cobrar esta axuda. Esta nova posibilidade responde a unha proposta que fixeron as entidades sociais durante o período de exposición pública da Lei de impulso demográfico e que se decidiu tomar en consideración.

Pedila desde o embarazoEstas novidades súmanse ás implantadas en 2018, cando a Tarxeta Benvida se estendeu ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda anual igual ou inferior a 22.000 euros. En 2019 habilitouse a posibilidade de solicitala xa durante o embarazo, para que non fixese falta agardar ata o nacemento para comezar os trámites. Deste modo, o prazo medio de espera para as familias que escollen esta opción pasou de dous meses e medio a un mes.

Cómpre lembrar que a Tarxeta Benvida é unha axuda directa para contribuír a sufragar os custes que trae consigo a chegada dun novo membro á familia. Desde a súa creación en 2016, esta iniciativa xa chegou a de 53.000 familias e o investimento acumulado na mesma supera os 60 millóns de euros.

A Tarxeta Benvida é unha das medidas implantada pola Xunta para que todos os fogares galegos teñan máis facilidades que nunca, tanto en axudas económicas como en materia de conciliación. Para acceder a esta axuda durante o primeiro ano a renda anual familiar deberá ser inferior aos 45.000 euros ou menor de 13.000 euros per capita.

Esta prestación está destinada a atender os gastos que supón ampliar a familia, como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene ou farmacéuticos. Pode empregarse en establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia, así como nas farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e, desde este ano, tamén ópticas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre