Inicio Galicia As Feiras do Libro de Galicia recalan en Ribeira ata o 16...

As Feiras do Libro de Galicia recalan en Ribeira ata o 16 de xuño

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á inauguración desta cita cultural de referencia para autores e lectores

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Ribeira, que permanecerá aberta ao público ata o día 16 de xuño. Trátase dunha cita anual de referencia para autores e lectores que se inclúe no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019.

Ribeira é a oitava parada do calendario destas feiras e o seu programa inclúe presentacións de libros, charlas coloquios, concertos e actividades infantís.

A feira recalará proximamente en Cambados, onde estará entre o 19 e o 22 de xuño. Xa no inicio do verán, as citas serán nos municipios de Vigo, do 27 de xuño ao 6 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre