Inicio Galicia As Feiras do Libro de Galicia recalan en Cambados por primeira vez...

As Feiras do Libro de Galicia recalan en Cambados por primeira vez en máis de dúas décadas ata o 22 de xuño

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á inauguración desta cita cultural de referencia para autores e lectores

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Cambados, que permanecerá aberta ao público ata o día 22 de xuño. Trátase dunha cita que regresa á vila pontevedresa por primeira vez en máis de dúas décadas e que constitúe un evento de referencia para autores e lectores, ao incluírse no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019.

Cambados é a novena parada do calendario destas feiras e o seu programa inclúe presentacións de libros, charlas coloquios, concertos e actividades infantís.

A feira recalará proximamente en Vigo, onde estará entre o 27 de xuño e 6 de xullo. As próximas citas serán nos municipios de Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre