Inicio Galicia As familias vulnerables beneficiarias das axudas do Bono Alugueiro Social teñen garantido...

As familias vulnerables beneficiarias das axudas do Bono Alugueiro Social teñen garantido o 100% do custo da súa vivenda ata finais de ano

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se estipula que os perceptores do Bono de Alugueiro Social non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que queda de 2020


A Xunta de Galicia prolongará ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria aos beneficiarios do Bono de Alugueiro Social de tal xeito que non teñan que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano. Esta medida, en virtude da cal o Goberno autonómico asume o 100% do custo do alugueiro, fíxose efectiva por primeira vez no mes de abril e volveu repetirse en maio. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se resolve a concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Deste xeito, prolóngase esta axuda extraordinaria ata decembro de 2020 coa intención de beneficiar a unhas mil familias vulnerables que xa están percibindo o devandito Bono ou ás que se lles concederá nos vindeiros meses.

Trátase dunha medida do Goberno galego en previsión dos efectos negativos derivados da crise do COVID-19, polo que se considerou necesario estender a medida a todo o exercicio 2020, tendo en conta sobre todo a situación de especial vulnerabilidade das unidades de convivencia beneficiarias deste programa e a previsible evolución da situación creada pola pandemia, con consecuencias negativas para as súas economías domésticas que poderán manterse durante un espazo de tempo superior ao propio estado de alarma.

Grazas a esta axuda complementaria, que se sumará ao importe habitual do Bono Alugueiro, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) achegará a totalidade da renda que lles correspondería pagar pola súa vivenda habitual durante todo o que queda do exercicio 2020.

Esta medida será aplicable a todas as unidades familiares que estean recibindo actualmente o Bono de Alugueiro Social e tamén a aquelas ás que se lles conceda esta axuda no que resta de ano. A axuda extraordinaria, de igual xeito, beneficiará tanto aos perceptores do Bono de Alugueiro Social ordinario como aos que teñen concedido o bono específico para vítimas de violencia de xénero.

A dotación económica extraordinaria para complementar o Bono e chegar ata o cen por cen do importe dos alugueiros é de 810.000 euros, que se sumarán ao importe ordinario das axudas e aos máis de 170.000 euros adicionais xa mobilizados e correspondentes aos meses de abril e maio.

Cómpre lembrar que a convocatoria deste ano das axudas do Bono de Alugueiro Social foi publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 3 de febreiro e a do Bono de Alugueiro Social para vítimas de violencia de xénero publicouse o 8 de abril. O prazo de presentación de solicitudes está aberto en ambos casos ata o 11 de decembro de 2020 e a dotación orzamentaria total ascende a 3,05 millóns de euros, sen contar o importe das axudas extraordinarias.

Perfil dos beneficiarios do BonoAs axudas do Bono están dirixidas ás seguintes unidades de convivencia:• Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.• As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.• Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.• Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.• Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.• Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.• Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.• Mozos menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento.• Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.

Pola súa parte, o Bono de Alugueiro Social para vítimas de violencia de xénero estádirixido a:• Mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.• Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.• As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre