Inicio Galicia As entidades colaboradoras de pesca fluvial poderán solicitar a partir do 15...

As entidades colaboradoras de pesca fluvial poderán solicitar a partir do 15 de febreiro as axudas para actividades divulgativas e de vixianza en 2020

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza nunha reunión con membros das entidades de pesca fluvial Río Viaño de Boborás e O Arenteiro de O Carballiño, aos que lles adiantou que o Diario Oficial de Galicia publicará esta orde de axudas dotada de 125.000 euros


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ángeles Vázquez, vén de avanzar que o Diario Oficial de Galicia do vindeiro 14 de febreiro publicará a convocatoria de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial, dotadas cun orzamento de 125.000 euros.Ángeles Vázquez mantivo unha reunión con membros das entidades de pesca fluvial Río Viñao de Boborás e O Arenteiro do Carballiño, aos que lles adiantou que a previsión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural é publicar no DOG estas axudas, de concorrencia competitiva, polo que as entidades interesadas poderán presentar ao día seguinte a solicitude correspondente, sempre e cando esteen recoñecidas como tal.

Recordou que en base a estas axudas poderán desenvolverse no ano 2020 actuación e accións de vixilancia de tramos de pesca fluvial e actividades divulgativas ou formativas, encamiñadas a potenciar e difundir a protección da fauna ictícola e do medio natural como medida de fomento da actividade da pesca fluvial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre