Inicio Galicia As empresas Nanoimmunotech e Phycosem Marine Agronomy, galardoadas cos VI premios Bioga

As empresas Nanoimmunotech e Phycosem Marine Agronomy, galardoadas cos VI premios Bioga

0

Están impulsados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) no marco da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía


A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) entregaron esta mañá na Coruña os Premios Bioga na súa sexta edición. Os galardoados nas dúas categorías son: Nanoimmunotech, empresa referente no sector da nanobiotecnoloxía con sede en Vigo, Zaragoza e Madrid, na categoría de Premio á empresa biotech máis competitiva; e Phycosem Marine Agronomy, spin-off da Universidade da Coruña con sede en Oleiros dedicada á produción e reprodución de macroalgas, como Premio á mellor idea empresarial biotech. O obxectivo destes galardóns, apoiados por Gain no marco da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía en Galicia, é incentivar o impulso e desenvolvemento de iniciativas empresariais, así como premiar ás empresas máis competitivas vencelladas a este sector.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Na primeira modalidade, destinada a firmas cunha traxectoria empresarial xa consolidada, o xurado destacou da empresa Nanoimmunotech a súa capacidade para captar fondos europeos, a súa gran expansión internacional, os elevados recursos adicados a I+D, así como a súa competitividade e crecemento do seu cadro de persoal. Na segunda modalidade, que se premian proxectos innovadores ou empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos, Phycosem Marine Agronomy foi seleccionada polo seu alto potencial de comercialización, os seus escasos competidores, a valorización dos recursos naturais galegos e a súa oferta de tecnoloxía lista para ser comercializada.

A biotecnoloxía, un sector consolidadoA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interviu na apertura do acto felicitando aos premiados, destacando as boas cifras do sector da biotecnoloxía galega, que atribuiu á axeitada articulación dos seus axentes, e felicitando a Bioga polo seu papel de axente vertebrador no impulso á competitividade das súas empresas no mercado global e facilitándolles o acceso a estratexias clave como a innovación aberta e a internacionalización.

Leer más:  El mal tiempo decanta la balanza hacia planes a cubierto, con plazas agotadas en Meirás y Catedral de Santiago

A Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración co sector e que chegou xa ao seu ecuador, desprende datos moi optimistas: máis do 80% das accións postas en marcha; máis de 300 proxectos apoiados; 107 millóns de euros mobilizados -máis do 50% do total previsto-; máis de 30 millóns de euros de capital privado investido; 11 empresas novas creadas e 125 empregos cualificados; e un 90% do obxectivo de facturación anual das empresas do sector acadado.

A estes datos únense outros moi relevantes como que un 25% das empresas bio galegas iniciaron xa o seu proceso de internacionalización ou que as empresas galegas usuarias de biotecnoloxía aumentaron un 86%. Este indicador pon de relevo o papel da biotecnoloxía como tecnoloxía facilitadora esencial, unha panca de competitividade para moitos sectores que tradicionalmente teñen un peso estratéxico na economía galega como a agricultura, o medio ambiente, a produción forestal, a alimentación, a saúde, a acuicultura, etc.

Por último, Argerey apuntou que o apoio da Xunta de Galicia aos axentes do sector cubre todas as etapas do percorrido da I+D+i. Para iso, a Axencia Galega de Innovación conta con instrumentos como as Unidades mixtas de investigación, os programas Ignicia, Principia e Oportunius, as aceleradoras de innovación, nomeadamente Agrobiotech e Bioincubatech, así como as liñas de axuda InnovaPeme e ConectaPeme ou instrumentos novos como os incentivos fiscais autonómicos ou os Hubs de Innovación Dixital.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -