Inicio Galicia As eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia rexistraron unha participación de...

As eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia rexistraron unha participación de algo máis do 62% do electorado

0

Por provincias, respecto ao número de electores, a que rexistrou maior participación foi Pontevedra cun 66,7%, seguida da Coruña cun 58,6% e a que menos participación rexistrou foi Lugo con algo máis do 38,3%

Máis do 62% do electorado participou a pasada fin de semana nas eleccións unificadas para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia. As eleccións foron celebradas en 59 das 63 confrarías que hai en Galicia, xa que no Vicedo, en Fisterra, en Sada e en Mera non foi necesario votar ao coincidir o número de candidatos co número de vogais que tiñan que ser elixidos. Así o reflicte un informe sobre o proceso electoral avaliado hoxe polo Consello da Xunta.

O informe recolle que a participación respecto ao número de electores a nivel Galicia foi de algo máis do 62%, unha cifra semellante ás eleccións nas confrarías celebradas no ano 2014. Por provincias, a que rexistrou maior participación foi Pontevedra, cun 66,7%. A segunda provincia que rexistrou maior participación foi A Coruña, cun 58,6%. Por outra banda, Lugo foi a provincia na que a participación foi menor, cun 38,3%.

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

Así, trala xornada electoral do pasado sábado, a data límite para a constitución da xunta xeral e a elección provisional do patrón maior é o 15 de outubro. O 25 de outubro esta elección deberá ser definitiva e o 26 de outubro será a toma de posesión dos patróns maiores.

Neste proceso, os membros da xunta xeral elixirán ao patrón ou patroa maior entre os candidatos presentados. Para o caso de empate resolverase a favor do membro do xénero infrarrepresentado no censo do sector da produción. No caso de persistir o empate, resolverase en primeiro lugar a favor do membro de maior antigüidade, en segundo lugar a favor do membro de maior idade e, se fose necesario, resolverase por sorteo. A continuación e no mesmo acto, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros os vicepatróns maiores primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.

Todos estes pasos están recollidos na normativa que regula as eleccións, publicada no Diario Oficial de Galicia do 5 de maio de 2014 e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores e establece o proceso a seguir en cada momento e detallando todos os pasos. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvólvense en tres partes. En primeiro lugar as eleccións nas confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia. 

Leer más:  El Ayuntamiento de Ferrol rectifica y publica nuevamente los pliegos de concursos en castellano y gallego

- Te recomendamos -