Inicio Galicia As consellerías de Medio Rural e Economía colaboran para mellorar a súa...

As consellerías de Medio Rural e Economía colaboran para mellorar a súa oferta formativa agroforestal conxunta

0

Cooperarán na realización dunha oferta coordinada de certificados de profesionalidade e para acreditar os centros de formación e experimentación agroforestal e alimentaria de Medio Rural para impartir eses certificados

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, veñen de asinar un acordo de colaboración para mellorar a oferta formativa conxunta en materia agroforestal e alimentaria. En virtude deste protocolo, ambos departamentos da Xunta comprométense a realizar unha oferta coordinada de certificados de profesionalidade e a acreditar os centros de formación e experimentación agroforestal (CFEAs) da Consellería do Medio Rural para impartir os 64 devanditos certificados, que se especifican nun anexo do propio convenio.

Estes certificados, da familia profesional agraria, van desde os relativos a cultivos herbáceos ata os relacionados con aproveitamentos forestais, pasando pola cría de cabalos, apicultura, fruticultura, agricultura ecolóxica, industrias lácteas e elaboración de viños e licores, entre outros moitos.

No texto asinado por ambos conselleiros considérase especialmente convinte o acordo, tendo en conta que os dous departamentos posúen centros propios de formación en diferentes localidades galegas e cómpre facer unha oferta pública de formación profesional continua (non académica) coordinada, eficaz e eficiente.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

Trátase de aproveitar e racionalizar os recursos da administración autonómica para garantir unha formación de calidade destinada a dar resposta ás necesidades dos principais sectores económicos rurais. Procúrase así impulsar as economías do rural, tanto os eidos de maior relevancia como aqueles que amosan novas alternativas, así como a incorporación de efectivos e a remuda xeracional no agro.

Por medio deste acordo, Medio Rural obrígase a desenvolver os itinerarios formativos incluídos nos certificados de profesionalidade correspondentes, comunicar o calendario, programa e demais detalles das accións formativas á Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a seleccionar aos alumnos e impartir a formación nos seus centros propios, que quedarán acreditados para impartir as especialidades formativas por Economía. Pola súa banda, esta última consellería comprométese a expedir os correspondentes certificados de profesionalidade a quen o solicite e demostre superar todos os módulos.

Colectivos prioritariosEn xeral, nas accións formativas destinadas ao agro galego e en especial aquelas cofinanciadas con fondos Feader terán preferencia destinatarios e colectivos como os agricultores e agriculturas mozas (menores de 41 anos), os novos con expectativas de incorporación á actividade agraria, as mulleres maiores de 41 anos en xeral e tamén aquelas persoas que superen esa idade e teñan expectativas de incorporarse e as que teñan acreditado estar en risco de pobreza e/ou exclusión social. 

Leer más:  El mal tiempo decanta la balanza hacia planes a cubierto, con plazas agotadas en Meirás y Catedral de Santiago

- Te recomendamos -