Inicio Galicia As consellerías de Medio Ambiente e Sanidade reúnense coa Fegamp para explicarlle...

As consellerías de Medio Ambiente e Sanidade reúnense coa Fegamp para explicarlle as liñas principais da futura Lei de garantía de abastecemento

0

Trasladáronlles á executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias os principais obxectivos da normativa, entre os que figura poder aplicar en toda a comunidade as medidas establecidas ante eventuais episodios de seca

A secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, reuníronse hoxe coa executiva da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) para analizar as liñas mestras da lei na que traballa a Xunta co fin de poder aplicar en toda Galicia unha serie de medidas e ferramentas comúns ante eventuais episodios de seca.

A normativa, sobre cuxo borrador foi informado o Consello da Xunta a comezos de marzo, está sendo elaborada conxuntamente polas Consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade e delimitará as competencias que lle corresponden a cada administración neste tipo de situacións.

Durante a xuntanza, trasladóuselle aos representantes da Fegamp que a futura Lei de garantía de abastecemento e calidade da auga en episodios de seca e outras situacións excepcionais pretende dotar ás administracións competentes dos instrumentos normativos axeitados para poder xestionar e protexer os recursos hídricos atendendo ao interese xeral en períodos de seca.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Esta reunión enmárcase no obxectivo da Xunta de acadar o maior consenso posible arredor do texto antes de iniciar a súa tramitación como proxecto de lei e co fin de poder incorporar ao documento as posibles achegas dos concellos nesta fase de consultas previas. 


- Te recomendamos -