O conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou esta mañá nunha videoconferencia conxunta cos conselleiros das comunidades polas que discorre a VÃa da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomÃa.
AndalucÃa, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar este Camiño con acreditado valor histórico e patrimonial como elemento dinamizador dos seus territorios, que poderá ter especial incidencia no rural e en zonas con baixa demografÃa. A VÃa da Prata é un importante itinerario xacobeo que vertebra España de norte a sur e conta cun gran potencial de crecemento grazas á súa riqueza patrimonial e natural.