Inicio Galicia As comarcas do centro da Coruña foron as máis beneficiadas polas axudas...

As comarcas do centro da Coruña foron as máis beneficiadas polas axudas de Medio Rural para plans de mellora nas explotacións e incorporación de mozos á actividade agraria

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe en Santa Comba unha explotación láctea que percibiu achegas da Xunta


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe no concello de Santa Comba a explotación agraria Gandería Serpe SC, dedicada a produción láctea. Esta granxa acadou dúas axudas da consellería de Medio Rural a través da Orde de subvencións para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos.

En concreto, esta explotación láctea acadou unha axuda para a cubrición da fosa de xurro, a instalación de novos silos e para construción dun cortello completo con capacidade para 65 vacas produtoras, que inclúe aloxamento gandeiro, zona de espera, leitería, oficina e aseo. Ademais, a granxa tamén recibiu unha segunda axuda para a incorporación como socio dun agricultor mozo.

O delegado territorial agradeceu o esforzo dos integrantes desta moderna gandería, xa que “a través de proxectos coma este se demostra que a Xunta de Galicia está no camiño correcto cando aposta por fomentar a competitividade da agricultura galega mediante a modernización das explotacións e a incorporación de agricultores mozos, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

Entre os gastos que se poden subvencionar nesta esta orde están a compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. Ademais, nesta orde tamén se apoia economicamente a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, co fin de fomentar o relevo xeracional nas explotacións.

No total provincial, a Consellería do Medio Rural apoiou o ano pasado con esta orde a 294 explotacións agrarias da provincia da Coruña, achegando axudas que suman 12.020.488,8 euros, dos que preto de 9 millóns foron en subvencións para plan de mellora e 3,1 para axudas para a incorporación de 112 mozos ás actividades agrarias e gandeiras. Contando co esforzo financeiro das propias explotacións, esta orde de axudas significou un investimento no agro de máis de 22 millóns e medio de euros.

Por comarcas, esta liña de subvencións tivo a seguinte distribución:1.- Agricultores mozos

AGRICULTORES MOZOS


- Te recomendamos -