Inicio Galicia As campañas da Consellería do Mar para fomentar o consumo de produtos...

As campañas da Consellería do Mar para fomentar o consumo de produtos do mar entre os escolares chegaron a 115.000 nenos e nenas

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou hoxe que as iniciativas O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata, impulsadas pola Consellería do Mar para fomentar o consumo de produtos do mar entre os escolares, chegaron dende o ano 2010 a arredor de 115.000 nenos e nenas. Fíxoo na clausura do congreso Aliméntate ben, que se celebrou en Santiago onte e hoxe e ao que tamén asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Neste sentido, lembrou que a Xunta aposta por crear hábitos de consumo alimentarios saudables entre os nenos e nenas, aumentar o seu coñecemento polos produtos do mar e achegalos ás distintas especies de produtos do mar. Por este motivo puxo en marcha a campaña O sabor da aventura está no mar, coa finalidade de fomentar o consumo de produtos frescos da pesca e da acuicultura a través de obradoiros itinerantes e excursións, e Ponlle as pilas ao teu bocata, para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas e fomentar o seu consumo a base de receitas sinxelas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre