Inicio Galicia As axudas para reestruturación e reconversión do viñedo publicaranse a vindeira semana...

As axudas para reestruturación e reconversión do viñedo publicaranse a vindeira semana por 1,4 millóns de euros co consenso do sector

0

A conselleira do Medio Rural destacou esta mañá a importancia destas axudas para adaptar as explotacións á demanda do mercado

A nova convocatoria de axudas para plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia nace do consenso do sector a través dos cinco consellos reguladores, cun orzamento total de 1,4 millóns de euros para este ano 2018. A orde da Consellería do Medio Rural publicarase a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia, tal e como destacou esta mañá en Pontevedra a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, no marco da presentación dos datos de exportación de viño da denominación de orixe Rías Baixas ao longo do ano 2017.

A conselleira explicou que estas axudas teñen unha gran importancia para o sector, que quere levar a cabo reaxustes estruturais nas súas explotacións, co obxectivo de diminuír os custos de produción naqueles viñedos onde predomina o minifundio, mellorar as técnicas de xestión das viñas e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais.Ángeles Vázquez incidiu na necesidade de axustar as producións á demanda actual do mercado para ter un maior nivel de beneficios, feito que a denominación de orixe Rías Baixas leva demostrado nos últimos anos. Neste senso, a conselleira felicitou ao consello regulador polas magníficas cifras alcanzadas o pasado exercicio, no que produciron case 25 millóns de litros de viño cualificado cun valor económico estimado que superou os 124 millóns de euros. Uns datos, engadiu, que sitúan a este selo de calidade como o “verdadeiro buque insigne do sector galego, tanto no que atinxe ao volume de produción como ás súas cifras exportadoras”. Así, mesmo, a titular de Medio Rural destacou que, no ámbito nacional, Rías Baixas ocupa o segundo lugar por volume de comercialización de viños brancos, só superada pola DO Rueda.

Leer más:  El mal tiempo decanta la balanza hacia planes a cubierto, con plazas agotadas en Meirás y Catedral de Santiago

Precisamente a vocación exportadora de Rías Baixas concorda coas liñas estratéxicas impulsadas pola Xunta para todo o sector agraolimentario, matizou a conselleira, quen sinalou que o impulso á comercialización é clave neste eido, porque ademais de producir ben e con calidade é preciso saber colocar os produtos galegos nuns mercados cada vez máis esixentes.

Promoción en terceiros paísesA Consellería do Medio Rural ten unha liña de axudas para o apoio á promoción e exportación dos viños en mercados de terceiros países (fóra da Unión Europea). Na pasada convocatoria, o orzamento foi de 835.000 euros e os beneficiarios 22, entre adegas, asociacións, cooperativas e consellos reguladores. Deles, Ángeles Vázquez destacou que tres de cada catro pertencen, precisamente, á DO Rías Baixas, o que dá idea do vigor exportador desta denominación.


- Te recomendamos -