Inicio Galicia As axudas do Programa de formación dixital para desempregados maiores de 45...

As axudas do Programa de formación dixital para desempregados maiores de 45 anos poden solicitarse ata o 7 de setembro

0
image_gallery.jpg

O programa Sénior dixital está dirixido a empresas con experiencia no ámbito da formación e, posteriormente, seleccionaranse as persoas participantes a través do Portal de Emprego de Galicia e das oficinas de emprego


O prazo para solicitar as axudas do novo programa da Xunta de formación dixital, dirixido a desempregados de longa duración maiores de 45 anos, continúa aberto ata o próximo 7 de setembro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta iniciativa dar resposta aos compromisos adquiridos dentro dos Acordos do Diálogo Social asinados en decembro entre o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT co obxectivo de poñer en marcha un plan de recualificación profesional que favoreza a incorporación ao mercado laboral das persoas que, pola súa idade, teñen máis dificultades para atopar un posto de traballo.

O programa conta cun orzamento de 500.000 euros e está orientado á impartición de cursos de formación de 70 horas de duración distribuídas ao longo de tres semanas e cun número máximo de 10 alumnos por edición. As axudas están dirixidas a empresas con experiencia no ámbito da formación e, posteriormente, seleccionaranse as persoas participantes a través do Portal de Emprego de Galicia e das oficinas de emprego. A previsión é chegar a 17 empresas beneficiarias que poderían ofrecer formación a un total de 600 persoas.

Tendo en conta que o manexo das tecnoloxías dixitais é hoxe en día indispensable para acceder ao mercado laboral, o programa Sénior dixital abordará temáticas tales como coñecemento avanzado de ferramentas open office, de xestión documental compartida na nube, de almacenaxe de información ou para o envío de grandes volumes de datos, e de traballo compartido na nube ou en streaming. Está dirixido a un perfil de alumnado cun nivel de competencias medio no manexo de ferramentas en liña para o desenvolvemento de traballo compartido e/ou teletraballo.

As persoas desempregadas de longa duración son das que máis sofren as dificultades de reincorporarse ao mercado de traballo. Por iso, resultan particularmente necesarias as medidas para o emprego que faciliten o seu retorno ao mundo laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre