Inicio Galicia As axudas de Aprol Rural impulsarán a contratación de 212 desempregados en...

As axudas de Aprol Rural impulsarán a contratación de 212 desempregados en 90 concellos ourensáns

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a convocatoria deste programa que beneficia a todas as entidades locais que o solicitaron

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas de Aprol Rural, unha actuación que se desenvolve por quinto ano consecutivo co principal obxectivo de incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia. Así, o Goberno galego apoiará a contratación de 212 persoas sen emprego nos 90 concellos do rural da provincia ourensá que solicitaron estas axudas, 60 deles Concellos Emprendedores. Na concesión das axudas tiveron prioridade os concellos que teñen esta distintición.

Ao abeiro deste programa, que supón un investimento na provincia de Ourense de máis de 2.9 M€ (o 41,77% do total), incentívase a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para realizar labores de silvicultura, xestión da biomasa, limpeza de montes, valorización forestal ou planificación preventiva. O obxectivo é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

A Xunta financiará o 100% dos custos salariais, cun custo medio por traballador de 13.795 euros, dos contratos que realicen as entidades locais do rural galego, que terán que estar vinculados á realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais, limpeza de montes, silvicultura e xestión da biomasa.

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre