Inicio Galicia As achegas autonómicas beneficiaron con case 250.000 euros a 21 asociacións veciñais...

As achegas autonómicas beneficiaron con case 250.000 euros a 21 asociacións veciñais de Ourense

0

A delegada territorial da Xunta visitou a entidade veciñal Bo Xesús de Ceboliño que contou cunha axuda de 17.000 euros para a mellora e equipamento do seu local social

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe a asociación de veciños Bo Xesús, da localidade de Ceboliño do concello de Ourense para comprobar o resultado das obras de acondicionamento do seu local social e a adquisición de novo equipamento.

Esta actuación contou cunha achega de 17.000 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dentro do plan específico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais. A asociación Bo Xesús realizou obras no seu local social que consistiron na substitución das portas de acceso, reforma dos seus baños, traballos de illamento e de pintura por un importe de 12.000 euros, ademais da adquisición de novo equipamento -entre eles un frigorífico, unha cociña eléctrica e un sofá- cun investimento de 5.000 euros.

A delegada territorial aproveitou a visita para lembrar que as achegas deste plan no ano 2019 deixaron na provincia de Ourense 250.000, que beneficiaron a 21 entidades dos municipios de Amoeiro, Baños de Molgas, O Carballiño, O Irixo, Lobios (3), Parada de Sil, San Amaro, Verín, Vilamarín e da cidade das Burgas (10). Concretamente no concello de Ourense destináronse este ano máis de 103.000 euros para levar a cabo actuacións nas asociacións de Santa Mariña do Monte, Barrocás, Arranxar, Carlasca, Vilar de Astres, Ponte Canedo, A Cuña e Cabeza de Vaca.

Marisol Díaz puxo en valor estas axudas e enmarcounas na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e por todo aquilo que contribúa ao benestar dos cidadáns. Esta liña de subvención iniciouse no ano 2016, e a día de hoxe está plenamente consolidada nos orzamentos anuais da Dirección Xeral de Administración Local.

Convocatoria 2020Díaz Mouteira lembrou que xa está publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais, para o ano 2020 por importe de 2,5 M euros, o importe máis alto dende o ano 2016, que nesta convocatoria debido ao elevado número de solicitudes pasa a ser de concorrencia competitiva. Ademais, a Xunta pode anticipar o 100% da subvención ás entidades beneficiarias, evitándolles que deban anticipar o custo do proxecto antes da súa realización e xustificación.

O importe máximo da axuda por entidade é de 12.000 euros para a realización de obras e 5.000 euros para a dotación de equipamentos e a finalidade destas axudas é contribuír a mellora da calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.

As actuacións que se subvencionan ao abeiro desta orde son, por unha banda, os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso, e por outra, os equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario. Ademais, tamén son obxecto de axuda a prestación de novos servizos, organización de actividades e reparacións de camiños veciñais As comunidades de usuarios de augas poden conseguir axudas para a execución de obras de reparación de traídas veciñais de augaA presentación de ambas solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal O prazo de presentación será ata o 30 de xaneiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre