Inicio Galicia As 26 escolas infantís da Xunta na provincia de Ourense desenvolven un...

As 26 escolas infantís da Xunta na provincia de Ourense desenvolven un amplo programa de actividades con motivo do Nadal

0

Decoración das aulas, elaboración de postais e cantos de panxoliñas son algunhas das actividades que a Consellería de Política Social organiza nestes centros


A delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a escola infantil Antela, con motivo das actividades navideñas que se están a desenvolver nos centros dependentes da Consellería de Política Social.

Os alumnos e alumnas deste centro, de 0 a 3 anos, levan días participando en actividades asociadas ao Nadal: elaboración de postais sobre unha base común e con distintas técnicas e recursos didácticos, decoración das aulas cunha participación activa do alumnado que realizará láminas e outros motivos navideños, amais de ensaios de panxoliñas que acompañan dun instrumento que axudaron a realizar. Ademais, os menores acompañados dos seus familiares están a recibir ao longo desta semana a visita de Papá Noel, que lles agasalla cun regalo.

Na visita Díaz Mouteira estivo acompañada da xefa territorial de Política Social, María José Fernández Laso, e de persoal do centro.

Actividades semellantes as organizadas nesta gardería repítense estes días nas outras 25 escolas infantís da Xunta que funcionan na provincia de Ourense. A delegada territorial aproveitou esta visita para subliñar que as escolas infantís forman parte das iniciativas que se contemplan no Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia) que Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia, o Bono Coidado, ou as Casas Niño.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre