Inicio Galicia Arturo Parrado subliña o liderado da ONCE na atención a persoas con...

Arturo Parrado subliña o liderado da ONCE na atención a persoas con discapacidade na celebración do día desta entidade en Galicia

0


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, enxalzou hoxe, durante a celebración do XXVI Día da ONCE en Galicia, o liderado desta entidade na prestación de servizos ás persoas cegas. Con motivo desta xornada, a ONCE reuniu este mediodía en Padrón a persoas afiliadas procedentes das catro provincias galegas. Arturo Parrado fixo fincapé no importe labor que realiza esta entidade a prol da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, ademais de poñer de relevo que é un referente en materia de solidariedade. Tamén garantiu o compromiso da Xunta de continuar a traballar, da man da ONCE e do resto de entidades sociais de Galicia, no benestar e a plena inclusión das persoas con discapacidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre