Inicio Galicia Arturo Parrado destaca o papel da asociación Viraventos na integración social das...

Arturo Parrado destaca o papel da asociación Viraventos na integración social das persoas migrantes en A Coruña

0

Salienta o labor que realiza en ámbitos como a inserción laboral, no apoio á conciliación ou na mediación intercultural


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado destacou o papel da asociación Viraventos na integración social das persoas migrantes en A Coruña. Fíxoo durante unha reunión que mantivo esta mañá con representantes desta entidade, así como con persoas beneficiarias dos programas que desenvolve durante todo o ano.

Arturo Parrado puxo en valor as diferentes medidas que Viraventos pon en marcha e cos que colabora a Xunta de Galicia. Entre eles, subliñou programas como Achega, un proxecto de mediación intercultural comunitaria que se desenvolve principalmente en tres barrios da Coruña (Agra do Orzán, Ventorrillo e Sagrada Familia), onde hai unha presenza significativa de diversidade cultural.

Tamén destacou iniciativas como Coruña Activa ou Inserta Coruña, dirixidas a inserción sociolaboral das persoas migrantes ou en risco de exclusión social residentes na cidade herculina como na súa área metropolitana. Ao abeiro destes programas realízanse sesións de orientación, obradoiros prelaborais de capacitación profesional e promóvese a participación das persoas participantes en cursos de formación ocupacional.

Por último, o director xeral subliñou o éxito do servizo de apoio á conciliación a través da Xogoteca. Un recurso que se presta por profesionais entre luns a venres no domicilio do menor ou no espazo lúdico dispoñible na sede de Viraventos. Este programa atende preferentemente a persoas participantes en cursos de formación ou en itinerarios de orientación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre