Inicio Galicia Arturo Parrado aborda cos servizos sociais dos concellos da provincia da Coruña...

Arturo Parrado aborda cos servizos sociais dos concellos da provincia da Coruña a implantación dos novos tramos da Risga

0

Tamén trata a mellora da coordinación entre as administracións autonómica e local no desenvolvemento dos programas sociais


A Coruña, 7 de abril de 2019.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, abordou con profesionais dos servicios sociais comunitarios da provincia da Coruña a implantación dos novos tramos da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga). Fíxoo durante a primeira das xornadas de traballo que se levarán a cabo nas catro provincias para abordar a entrada en vigor do decreto que desenvolve a Lei de inclusión.

Arturo Parrado, acompañado de técnicos da dirección xeral de Inclusión, explicou que a finalidade destes encontros é dar a coñecer as modificacións que leva consigo o novo decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social de Galicia, e que regula a tramitación da Risga e das Axudas de Inclusión Social (AIS). Nesta xuntanza participou persoal dos servizos sociais dos concellos da provincia da Coruña e a esta seguirán outras en Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo ao longo deste mes de abril.

O obxectivo é que os técnicos das administracións autonómica e local poñan en común todos os aspectos necesarios para garantir unha correcta implantación das novas medidas que recolle o decreto, en particular a posta en funcionamento de dous novos tramos da Risga.

Ademais, tamén servirán para avanzar nos mecanismos de coordinación relacionados co desenvolvemento dos programas de inclusión, na procura de mellora a resposta que se lle da ás persoas usuarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre