Inicio Galicia Arredor de 700 docentes déronse cita nos encontros do Plan de mellora...

Arredor de 700 docentes déronse cita nos encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares

0

O director xeral de Centros e Recursos Humanos participou hoxe nas xornadas 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu arredor de 700 docentes nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), que se celebrou no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, participou hoxe as xornadas, nas que se deron cita representantes dos 646 centros educativos que forman parte do plan, e que serven como espazo de traballo, aprendizaxe e intercambio de experiencias e propostas.

Ademais deles, participaron nas xornadas persoas expertas ámbitos que se abordan a diario nas bibliotecas escolares, como as competencias informacionais e mediáticas, a didáctica da lingua e da literatura, a narración oral, a radio, a gamificación, a lectura en contextos de diversidade ou a literatura de tradición oral, entre outras. Asemade, expuxéronse 21 experiencias concretas de centros participantes no Plambe, arredor de asuntos como o voluntariado de lectura, os traballos por proxectos, as bibliotecas inclusivas, o uso da robótica, a cultura maker e a impresión 3D, ou os avances no modelo de biblioteca como centro creativo das aprendizaxesNovo modelo O Plambe procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que procuren a dinamización deste espazo como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, na que se incorporen espazos para a creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido. Así mesmo, as bibliotecas integradas no Plambe traballan no deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, na integración das novas tecnoloxías e o concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

Por outra banda, este modelo de biblioteca tamén ten un enfoque inclusivo, contribúe á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro e implícase en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.

Plan LÍAO Plan de mellora enmárcase na estratexia da Xunta de Galicia neste eido, o Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020, que ten entre os seus obxectivos o de dotar os centros educativos de bibliotecas escolares útiles, estables, sustentables e acordes ás necesidades do século XXI. Entre os doce ámbitos de actuación definidos como desafíos, a rede de bibliotecas escolares precisa de actuacións continuadas para lograr avances na renovación das bibliotecas da totalidades dos centros, de forma progresiva.

Asemade, búscase continuar afianzando os bos resultados que o sistema educativo galego está a colleitar no referido á competencia lectora. Non en balde, Galicia acadou no Informe PISA 2015 unha puntuación de 509 puntos na competencia lectora, moi por riba dos 479 de 2006 e superando as puntuacións medias dos países da OCDE (493), da UE (494) e a media estatal (496). 

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -