Inicio Galicia Arranca o I Congreso Aliméntate ben, sobre alimentación saudable na infancia e...

Arranca o I Congreso Aliméntate ben, sobre alimentación saudable na infancia e na adolescencia

0

Durante o xoves e o venres, uns 500 alumnos de toda Galicia presentarán os seus traballos en materia de alimentación saudable e participarán en actividades lúdicas e educativas

Mañá comeza no Palacio de congresos e exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o I Congreso Aliméntate ben. Durante dúas xornadas, uns 500 escolares de toda Galicia, acompañados polos seus docentes e familiares presentarán os traballos realizados dentro dos proxectos educativos Aliméntate ben-Proxecta da Xunta de Galicia. Así os rapaces de Primaria mostrarán os seus proxectos mediante unha feira-exposición o xoves día tres, mentres o venres día catro serán os alumnos de Secundaria os que presentarán as conclusións finais dos seus traballos de investigación mediante exposicións orais. Fornos, unha pirámide de madeira e ata unha exhibición de ximnasia acrobática son só algúns dos apoios que levarán os alumnos para mostras os seus proxectos.

Ademais, os rapaces poderán participarán en diferentes actividades lúdicas e educativas para fomentar a alimentación saudable dende a infancia e na adolescencia. Así, por exemplo os nenos aprenderán a combinar os seus alimentos grazas a un prato xigante dun metro de diámetro no que irán compoñendo o seu xantar con alimentos de xoguete, visitarán un porto pesqueiro grazas á realidade virtual, prepararán receitas con conservas de peixe, degustarán produtos lácteos e poderán visitar un pequeno supermercado no que, equipados coas súas cestas, deberán facer unha compra saudable atendendo á composición dos alimentos polo seu etiquetado.

Actividades para coñecer a importancia da reciclaxe ou un laboratorio de alimentos son outras das posibilidades que ofrece este I Congreso Aliméntate Ben. Tamén haberá un espazo habilitado para os xogos tradicionais no que poderán participar os nenos despois do almorzo.

Este congreso é unha iniciativa da Xunta de Galicia na que participan as consellerías de Sanidade; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Medio Rural; Mar; Economía, Emprego e Industria; e Política Social. O seu obxectivo principal que os é que os rapaces sexan capaces de analizar a súa contorna alimentaria, de comunicar as súas conclusións os resto da comunidade educativa e de valorar e recoñecer o traballo dos seus compañeiros ademais de participar en actividades deseñadas para fomentar a alimentación saudable desde as primeiras etapas da vida.

Neste evento estarán representadas todas as etapas educativas, xa que xunto aos alumnos de Educación primaria e secundaria, haberá ponencias de profesores de infantil e os alumnos do grao de Nutrición do campus de Lugo da Universidade de Santiago (USC), serán monitores educativos nas distintas carpas de actividades e impartirán obradoiros ás familias sobre alimentación saudable.

Aliméntate Ben-ProxectaA iniciativa Aliméntate ben, que forma parte do Plan Proxecta, acolle as iniciativas canalizadas a través da Consellería de Sanidade (proxectos Xermoliño e Xermolón e Cociñando con Saúde), do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería de Medio Rura l(Plan de froita na escola e Plan de lácteos na escola) da Consellería do Mar (Ponlle as pilas ao teu bocata e O sabor da aventura está no mar). Ao longo das xornadas do Congreso colaborarán ademais o Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Sociedade Galega de Medio Ambiente, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre