Inicio Galicia Arranca a montaxe do Nadal Solidario que terá lugar no Tinglado do...

Arranca a montaxe do Nadal Solidario que terá lugar no Tinglado do porto de Vigo do 16 de decembro ao 4 de xaneiro

0

O proxecto, ideado pola Delegación Territorial da Xunta en Vigo, ten como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade


O Nadal Solidario, ideado pola Delegación Territorial de Vigo en colaboración coa sociedade civil e coa implicación de varias consellerías da Xunta e o Porto de Vigo, vai tomando forma no Tinglado portuario de cara a súa apertura o vindeiro 16 de decembro. A iniciativa, que ten como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade, culminará o vindeiro 4 de xaneiro con actividades ao longo de todo o día en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos.

A finalidade do Goberno galego con este espazo solidario é contribuír a que os vigueses conten cunhas festas de calidade que se espallan por toda a cidade e das que gocen todos os cidadáns e visitantes.

Un lugar no que cidadáns, turistas, peregrinos e empresarios poderán achegarse para aportar o seu grao de area, pero que é moito máis, xa que contará con actividades que permitirán encher a cidade de Vigo de cultura e tradición.

Mouteiras solidariasDurante os últimos meses traballouse de xeito conxunto coas 23 ONGs e organizacións solidarias que se sumaron ao proxecto e que, sen dúbida algunha supoñen o lado máis solidario destas festas. Así, unha mouteira do Camiño representará a cada unha das ONGs e actuará a modo de caixa de correos para que os cidadáns e as empresas poidan estender a súa doazón. No vale deixarán o seu contacto para que, tras o Nadal, poidan facer directamente a entrega á organización elixida.

Moitas son as actividades que durante preto de tres semanas encherán de cor, música, tradición e solidariedade un espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.

A animación no exterior contará con decoración tradicional, atraccións para os máis pequenos, foodtrucks e unha grande caseta habilitada para que o paxe real recolla todas as cartas dos nenos e nenas aos Reis Magos. Xa no interior, a peza principal será o Nacemento da Catedral de Santiago, xa que as obras que se están a realizar na basílica impiden este ano a súa exposición pública.

Un montaxe medioambiental ocupará a caseta dependente do porto vigués; o Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), e as 23 ONGs participantes estarán moi presentes con espazos propios nos que informarán das súas actividades.

Organizaranse varios talleres nos que os máis pequenos poderán facer experimentos e facer fósiles coas súas propias mans, un obradoiro específico para que avós e netos podan compartir unha experiencia única e un terceiro taller dedicado a creación de xogos reciclados. Asemade, artesáns galegos farán demostracións dos oficios tradicionais.

O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, apuntou Corina Porro, alumnos da Escola de Arte Dramático, o coro infantil da Fundación Mayeusis e do Colexio Montecastelo, a Coral Casablanca e os Bolechas. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos.

Así mesmo, a programación contará con xornadas especiais para os colexios, centros sociais de maiores e os nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre