Inicio Galicia Arias subliña que erradicar a violencia de xénero e conseguir a igualdade...

Arias subliña que erradicar a violencia de xénero e conseguir a igualdade real son ?obxectivos prioritarios? para a Xunta

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial de Lugo participou en diversos actos promovidos polo Goberno galego con motivo do Día mundial para a eliminación desta lacra


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou hoxe que a erradicación da violencia de xénero e a igualdade real entre mulleres e homes son “obxectivos prioritarios” para o Goberno galego, nos que “só cabe avanzar, sen dar un paso atrás”.

Arias participou en varios actos impulsados pola Xunta para conmemorar o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Así, desprazouse a Guntín para compartir cos escolares do Centro Público Integrado (CPI) Tino Grandío a andaina organizada polo concello no marco da campaña Camiño ao respecto, promovida pola Consellería de Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

As nenas e os nenos camiñaron dende o colexio ata a Casa da Cultura portando lemas en contra da violencia e a favor da igualdade, e respectando os grupos burbulla formados nas aulas. Dado que as situación sanitaria non permitiu ampliar a convocatoria como en anos anteriores, o concello repartiu material promocional para que as familias se animen a sumarse á campaña.

Neste sentido, o obxectivo desta iniciativa da Xunta é invitar á cidadanía a facer a súa propia andaina ata o 30 de novembro (dentro da semana contra a violencia de xénero) e enviar as imaxes ás redes sociais por medio do hashtag #camiñoaorespecto, por mail a contacto@caminoaorespecto.gal ou ao whatsapp do número 669 962 249.

Arias lembrou que as persoas interesadas en adherirse poden formalizar a súa inscrición por medio do formulario dispoñible na páxina web: www.caminoaorespecto.gal. O prazo permanecerá aberto ata o próximo 27 de novembro.

O delegado sinalou que a Xunta destina numerosos recursos a loitar contra a violencia de xénero e avanzar na igualdade real, tanto a través de accións propias como mediante a colaboración con outras administracións e colectivos. Este ano, a Secretaría Xeral da Igualdade distribuíu 844.000 euros en axudas aos concellos lucenses para investir nesta materia, en accións de prevención da violencia, conciliación da vida persoal e laboral ou sensibilización, entre outras.

En concreto, o concello de Guntín recibiu 16.300 euros que destinou a campamentos no verán para axudar á conciliación das familias, material para a andaina celebrada hoxe e outras actividades.‘Cada lazo unha vida’O delegado territorial participou no acto organizado no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes de Lugo, que consistiu na entrega de lazos a toda a comunidade escolar na entrada do instituto, baixo o lema Cada lazo unha vida.

Igualmente, asistiu ao acto de lembranza ás vítimas que tivo lugar na Delegación Territorial, no que se gardou un minuto de silencio.

Arias fixo referencia á declaración institucional da Xunta e lembrou que “a violencia machista constitúe o máis cruel expoñente da falta de igualdade da nosa sociedade e un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas, como son a liberdade, a igualdade e a vida”.

Destacou que esta xornada é importante “para darlle maior visibilidade ao problema e á súa gravidade, pero o traballo ten que ser diario. E todas e todos somos imprescindibles nesta loita, porque o cambio de modelo social está na man de cada individuo”, afirmou. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre